Servizos funerarios

En Tanatorios Santa Marta e Virxe Milagrosa, o noso esforzo vai encamiñado a respaldar a familiares e amizades do defunto, aportando confianza neses momentos polos que están a pasar.

A nosa misión reflexa a intención de apoiar ao cliente, asistir en todo o relativo falecemento (antes, durante e despois de producirse). A través de produtos e servizos de alta calidade, ofrecidos por persoal calificado e con vocación de servizo.

As bases do noso traballo son os nosos valores:

  • Humildade
  • Respecto
  • Responsabilidade

O resultado do noso traballo aporta a cada familia un trato cercano e cálido. A maior recompensa que podemos obter, é a satisfacción de que saber que os nosos clientes despediron o seu ser querido do xeito que desexaron.

Tanatorios Santa Marta e Virxe Milagrosa, ao servizo de tódalas compañías de seguros. Coa súa póliza, sexa cal sexa a súa compañía, pode facer uso das nosas instalacións sen ningún custo.

Dispoñemos de tanatorios en Coristanco, Carballo, Agualada, Muros, Zas, Sofán e A Silva. O grupo pon a disposición das familias vehículos tipo Mercedes Viano con capacidade para ata nove persoas, para todos aqueles desprazamentos que se requiran.

Todos os nosos tanatorios dispoñen de:

Amplas e modernas instalacións para o repouso das familias.
Capelas con capacidade para máis de 60 persoas sentadas.
Cafetería tipo vending.
Aparcadoiro privado.
Oficinas con atención permanente para tomar nota de encargos florais, necrolóxicas en prensa, etc
Chámanos